TRANSKAL é a solución informatizada e completa aplicábel ás empresas relacionadas coa distribución física de mercadorías para todos os modos de TRANSPORTE e ALMACENAXE.
TRANSKAL organiza as estruturas de decisión en materia loxística, resolve as cuestións de documentación e comunicacións e coordínaas cos procesos administrativos e financieiros da empresa. |
 |
|
 |
Análise Previa das necesidades
Os proxectos de TRANSKAL analizan a situación actual do sistema de información e os requerimentos que plantexan os xestores da empresa, deseñando no tempo a evolución da organización actual, para que a implantación do novo proxecto satisfaga ditos requerimentos |
|
 |
Selección do programa TRANSKAL axeitado
O conxunto de programas TRANSKAL constitúese como unha ferramenta axustábel cunha solidez e demostrada eficacia adquirida e contrastada en cada implantación, proporcionando a confianza e a seguranza que se requere para o desfrute inmediato de todas as súas prestacións. O axuste da continuidade coa evolución garantízase por unha enxeñería do software que maximiza o control e o aproveitamento dos recursos non materiais como a información, o coñecemento da actividade e a creatividade. |
|
 |
Metodoloxía da implantación
O equipo humano e a metodoloxía da implantación adáptanse a cada caso concreto de empresa ou de organización das empresas, traballando sempre sobre a base dun conxunto de esquemas, que foron sintetizados pola súa experiencia, para chegar á modelación idónea de cada entrada de datos ou de cada saída impresa. |
|
 |
Soporte On-line e atención ao cliente
O soporte on-line, a atención as consultas, os cursos posteriores á implantación e a posta ao día do software, encárganse de manter a formación continua dos usuarios e a vitalidade da instalación. |
|