Área de Clientes
 
 
Coñeza Transkal Tecnoloxía Transkal Solucións informáticas Casos de Éxito Novas
 

 

 

Únete a nós

 

VALORES

O noso obxectivo é que as persoas que se incorporan á nosa organización cheguen a ser socios porque somos unha empresa de persoas asociadas.

Cremos nas persoas e propoñémonos actuar con integridade e honestidade en todas as nosas relacións. Cremos firmemente que todas as partes que interveñen nas nosas relacións empresariais deben obter beneficios.

Sabemos que a chave do noso éxito está en todas as persoas , tanto nas que integran a nosa propia organización como no grupo que conforman os nosos Clientes e Proveedores, sendo o seu desenvolvemento a nosa cualificación.

Satisfacer as necesidades dos nosos clientes mediante a calidade dos nosos produtos e servizos é asemade o obxectivo e eixe da nosa evolución. Por iso, a continua mellora é a nosa norma e a nosa primeira responsabilidade.

TECNOLOXÍA E COÑECEMENTO

En ASP estamos preocupados por aprender cada día. Sabemos que a nosa obriga consiste en ofrecer as solucións máis intelixentes aos nosos clientes.

Os produtos actuais son a suma do coñecemento adquirido a través da nosa experiencia na actividade.

A nosa escola foron tanto os sectores,os mercados, os outros produtos, as outras actividades, como as tecnoloxías que desenvolvimos e tecnoloxías coas que tiveramos contacto.

Xa dende os nosos comezos no ano 1985, puxemos en marcha o motor da investigación e agora, dende 1997 en que nos homologaran como Centro Tecnolóxico, o noso departamento de I+D é membro de Saretek (Rede Vasca de Tecnoloxía).

Voltar

 

 

 

Linguas| español | euskera | catalá | galego | english | français

PARTNERS | LIGAZÓNS DE INTERESE | ÁREA DE EMPRESA | CONTACTO

© 2005 TRANSKAL, S. Coop.

| |